InicioPolíticaDenuncian o suposto mal estado do aparcadoiro do Cunqueiro: "Acabaremos tendo un...

Denuncian o suposto mal estado do aparcadoiro do Cunqueiro: “Acabaremos tendo un disgusto calquera día”

Desde Compromiso por Galicia denuncian unha serie de "deficiencias" nestas instalacións.

PUBLICADO O

O partido Compromiso por Galicia, na voz do seu secretario local, Xoán Antonio Cortés, vén de criticar “o mal estado no que se atopa o aparcadoiro construido polo Concello hai menos dun ano”.

Lembran que a obra “custou máis de medio millón de euros, e que xa desde o principio se notaba a baixa calidade dos materiais empregados na construción do mesmo”.

Desde Compromiso denuncian que a capa asfáltica se atopa “extremadamente deteriorada”. Segundo o secretario local dos galeguistas: “Estas deficiencias provocan unha falta de adherencia nos vehículos e acabaremos tendo un disgusto calquera día”.

“Tamén observase que a pintura azul das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida está practicamente borrada, polo que urxen os galeguistas ao concello a actuar de inmediato e subsanar estas deficiencias”, defenden.

Por outra banda Cortés fai unha reflexión e mostra as súas dúbidas sobre se foi acertada a ubicación de dito aparcadoiro. Lembra que foi contruido “ao pé dunha montaña de terra que fora acumulada alí durante a contrucción da autovía de circunvalación de Vigo VG20”.

“Fíxose un estudo serio, e por iso se decidiu, por parte do concello, a non construcción dun muro de contención que poidese evitar un posible corremento, ou teremos que esperar a que aconteza unha desgraza para estudar o porque? A quen lle botará entón o señor Caballero a culpa, ao Ministerio de Fomento, á Xunta?”, conclúen desde Compromiso.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...