InicioSociedadeOs heroes do frío: baños de inverno en Samil

Os heroes do frío: baños de inverno en Samil

Bañistas revelan que motivos lles levan a mergullarse no mes de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Manuel Rodríguez Nogueira báñase sempre que o estado do mar o permita. Por suposto, referímonos á época de temporais, porque o frío non supón ningún problema para el. É nadador desde tanto tempo atrás que para el todo na auga ocorre dun xeito natural.

Non é o único que atopou unha simbiose tal co medio acuático que as súas horas de praia non se reducen cando baixan as temperaturas. Moitas persoas, por causas tan diversas como son as súas vidas, mergulláronse nas augas viguesas nestes días de frío. E o que para outros sería un inferno, para eles é pracer ou necesidade. Xa coñecemos a Manuel, nadador en augas abertas día sí e día tamén, pero hai moitos máis.

O mosense Borja Bonilla xoga ao fútbol, e actualmente padece unha lesión de xeonllo. Defende que o mar é do mellor para os seus ligamentos.

Nieves, veciña de Sárdoma de 70 anos, acode á beira do mar case cada día, sentíndoo como unha necesidade. “Os médicos dixéronme que siga vindo e que os problemas os deixe na casa”, asegura. Xa non sinte o frío.

Para Maite Ricart, de 51 anos, o principal motivo das súas visitas cotiás ao líquido elemento é manter e mellorar a saúde mental. “Vindo a Samil, estando en contacto coa natureza, quitas algunha pastilla”, recoñece. Era enxeñeira química e traballaba nas Pontes de García Rodríguez, pero caeu en depresión e diagnosticáronlle bipolaridade.

Agora cambiou o seu estilo de vida, traballa 3 horas ao día como limpiadora, e asegura que non quere saber nada daquel mundo. Mollarse é para ela unha boa maneira de cargarse de boa enerxía cada mañá. Colabora a miúdo con FEAFES, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia.

Na praia/ Miguel Núñez

A pregunta é: Existen evidencias científicas da bondade destas prácticas? Pois si. O frío é bo para curar lesións como a de Borja, e darlle algo de agarimo aos nosos músculos e articulacións.

Pero hai moito máis, multitude de efectos físicos e tamén psicolóxicos. Non só a auga fría, senón tamén as ondas do mar, facilitan a segregación das hormonas da felicidade (é dicir, endorfinas, dopamina e serotonina) polo noso corpo. Hoxe deitámonos coñecendo algo novo… e por que non erguernos algo máis cedo para unha mergullada antes do traballo.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...