Caballero anuncia un carril bici en Camelias e o regreso a Vigo dos “mellores artistas murais do mundo”

Asegura que este novo programa introducirá a Vigo no clube das 12 cidades con máis murais desta tipoloxía do globo.

Vigo cidade da coor
Graffiti de Popay en Bouzas / Miguel Nuñez

Este luns 7 de xaneiro o alcalde de Vigo vén de anunciar en rolda de prensa unha nova actuación na contorna de Camelias, cun presuposto de 2.165.000 euros. O valor total da humanización do lugar supera xa os 7 millóns de euros. 

En concreto, valorou a futura incorporación dun novo carril bici na zona, así como dunha zona verde e dun ‘camelio singular’ no cruce de Camelias con Romil.

Ademais, entre outras actuacións falou do 5º programa de medianeras da cidade, polo que asegurou que chegarán a Vigo “os mellores artistas murais do mundo”.

Graffity
praza de san Lorenzo graffity do ourensano Mon Devane/Miguel Nuñez

O presuposto do programa estímase en 280.000 euros para uns 14 novos murales, ubicados en Coruxo, Tomás Alonso ou a mesma Camelias. Os artistas chegarán de lugares tan ‘exóticos’ como Brasil ou Marrocos.

Concluíu o rexedor que estas novas obras e as seguintes, programadas para o curto/medio plazo, permitirán a Vigo colarse no selecto grupo das 12 cidades do mundo con máis murais deste tipo, superando os 100 e 0s 120, que defende como unha ‘nova forma’ de entender a cidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here