InicioPolíticaOpóñense a novos 'recheos' para ampliar o Porto de Vigo: "Non se...

Opóñense a novos ‘recheos’ para ampliar o Porto de Vigo: “Non se pode tratar a Ría como un sumidoiro”

O BNG vigués, liderado por Xabier P. Igrexas, vén de subliñar que "o de tempo de recheos e agresións á ría xa rematou".

PUBLICADO O

O BNG de Vigo vén de rexeitar ‘frontalmente’ a posibilidade de ampliar a superficie portuaria da cidade a través de novos recheos e aterramentos “como anunciou o presidente da Autoridade Portuaria, o popular Enrique López Veiga”, subliñan.

O candidato nacionalista á alcaldía da cidade olívica, Xabier P. Igrexas, amosouse rotundo afirmando que “o tempo dos recheos e as agresións á nosa Ría rematou”. Neste sentido, diante dos problemas de espazo argumentados por López Veiga, como por exemplo na zona do Transversal, Pérez Igrexas exixiu ao responsábel portuario que “acometa dunha vez por todas a racionalización e reordenación dos usos da actual superficie portuaria, precisamente para garantir que se dediquen a actividades propias do Porto”.

Desde a fronte nacionalista alertan de que o “impacto ambiental de novos aterramentos suporía agravar a xa precaria situación da Ría de Vigo”. Esta situación, denuncia, volverá ser obxecto de análise no Parlamento europeo “despois de que non se teñan atendido ningunha das recomendacións comunitarias”.

“Non se pode tratar a Ría nin como un sumidoiro, nin como un almacén infinito. Debemos protexer un medio que é xerador de riqueza e que supón un enorme patrimonio ambiental e paisaxístico”, sostén Pérez Igrexas.

“A incompentencia na xestión do espazo por parte da Autoridade Portuaria non se pode traducir en novas agresións ambientais”, advirte o candidato do Bloque, lembrando que “a cidadanía de Vigo xa ten expresado historicamente o seu masivo rexeitamento aos recheos”. En troca, Igrexas volveu reiterar a aposta do Bloque por “reconciliar a cidade co seu litoral e deixar de virarlle as costas á Ría”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...