InicioPolíticaPiden á Xunta que reclame a Sánchez a titularidade dos portos galegos,...

Piden á Xunta que reclame a Sánchez a titularidade dos portos galegos, eliminando o ente “Puertos del Estado”

Desde Compromiso por Galicia conideran os portos galegos un dos nosos motores económicos e non ven reflectida na economía do país o seu papel.

PUBLICADO O

“Galicia ten na actualidade 5 autoridades portuarias dependentes dun ente empresarial denominado “Puertos de Estado”, son aqueles estimados polo goberno central de interese xeral, un caixón de xastre que permite ter o control de 5 dos motores económicos de Galicia e que poden situar as nosas empresas no mundo global”, subliñan desde Compromiso por Galicia.

Pero este sistema, para o grupo político, “non é garantía de que a riqueza xerada en cada porto sexa investida na nosa Comunidade, de feito numerosos entes de carácter empresarial teñen pedido a desaparición do ente Postos do Estado. Entrando o beneficio de Galicia nun saldo neto a nivel empresarial no estado e potenciando sinerxías de inversión que non sempre benefician a Galicia”.

 

Dende CxG entenden que dende a Xunta de Galicia ten que pedirse ó Estado a modificación do Real Decreto 2/2011 e que sexa o goberno na Xunta quen xestione a totalidade de portos galegos, “xa que estas infraestruturas son clave, e hoxe no marco europeo o interese xeral dun estado non ten sentido e a estrutura moi burocratizada dos Portos xera pouca competitividade”.

un “retiro dourado” para os políticos de pp e psoe

“Tampouco estamos a favor da xestión opaca das autoridades portuarias que se converteron nun retiro dourado para políticos de PP e PSOE, cuxa falla de xestión está provocando que as operadoras prefiran Portugal en detrimento de Galicia. E a privatización continua de servizos públicos prestados nos portos”, engaden.

“Por iso imos pedir a Feijoo que reclame ó Goberno que anule o interese xeral, nun marco global e europeo, para ter Galicia competencia. CxG vai a rexistrar unha petición no parlamento de Galicia, neste senso”, selaron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...