InicioMovementos SociaisVídeo: Colectivos sociais organizan un acto no que acusan de 'crueis inocentadas'...

Vídeo: Colectivos sociais organizan un acto no que acusan de ‘crueis inocentadas’ ao Concello de Vigo

PUBLICADO O

Os colectivos Distopía e Foro Socioeducativo Os Ninguéns ‘aproveitaron’ a festa pagana dos inocentes co Dinoseto como testigo, e denunciaron na Praza da Princesa “as 61.000 persoas que viven no umbral da pobreza en Vigo“, salientan no seu comunicado oficial, no que acusan de “cruentas inocentadas” ao Concello.

Os Ninguéns no Día dos Santos Inocentes/ Miguel Núñez

Así, estes colectivos ven certas fallas de transparencia no goberno local, e denuncian ata “faltas á verdade” e unha supostamente excesiva presenza nos medios de comunicación.

Os Ninguéns no Día dos Santos Inocentes/ Miguel Núñez

Poñen como exemplo os desafiuzamentos: “O alcalde di que en Vigo non hai desafiuzamentos, pero a realidade, segundo a Oficina Xudicial de Desafiuzamentos, informa de que dende outubro do ano pasado a setembro deste ano rexistráronse e executáronse 151 despexos por impago de aluguer de vivendas. As persoas afectadas síntense humilladas e estigmatizadas”.

Os Ninguéns no Día dos Santos Inocentes/ Miguel Núñez

Ademais, acusan ao alcalde de mentir con respecto á política social: “Informa de que o Concello de Vigo é do estado español dos que máis inviste en políticas sociais, cando os datos de Facenda publicados ano tras ano amosan que o Concello de Vigo non é o primeiro nen sequera a nivel galego”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...