InicioMovementos SociaisUnha reivindicación baixo millóns de leds: os traballadores da zona azul cean...

Unha reivindicación baixo millóns de leds: os traballadores da zona azul cean na árbore da Porta do Sol

Os traballadores, nun pulso con Dornier que parece non ter fin, pasaron a Noiteboa en pleno centro da cidade e loitan por non ser esquecidos pola sociedade viguesa.

PUBLICADO O

Quen lles ía dicir aos traballadores da zona azul de Vigo, en folga desde comezos de agosto tralo despedimento inxustificado de 7 compañeiros, que a súa loita continuaría ata o Nadal sen síntoma algún de chegar ao seu fin. De feito, recibiran a promesa de que en novembro o asunto estaría solucionado.

En calquera caso, visto o difícil da situación (están a piques de cumprir 4 meses sen soldo), e máis que demostrada a capacidade das luces viguesas de congregar multitudes, sumando a súa iconocidade á da propia campaña publicitaria do noso alcalde (aquel Very very welcome…); que mellor idea que pasar a Noiteboa baixo o teito de luces dunha das árbores de Nadal máis altas de Europa.

Os traballadores de Dornier cean baixo a árbore de luces do Sireno/ Miguel Núñez

Así, moitos dos visitantes chegados de todas partes de Galicia e España sorprendéronse esta Noiteboa ao atopar fronte ao Sireno aos ex-traballadores de Dornier, que continúan coas mobilizacións e concentracións ata atopar unha solución. A xornada finalizou sen incidentes.

Os traballadores de Dornier cean baixo a árbore de luces do Sireno/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...