InicioSociedadeCrise da sanidade: a Xunta asegura que hai "males de atención primaria"...

Crise da sanidade: a Xunta asegura que hai “males de atención primaria” en tódalas comunidades

Segundo Jesús Vázquez Almuiña, o novo contrato entre Sergas e Povisa é positivo para todos os traballadores.

PUBLICADO O

Tras a dimisión en bloque de máis do 80% dos Xefes de servizo e de unidades de atención Primaria da área Sanitaria de Vigo, o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, defende a xestión do xerente, Félix Ruibal, e ve “excesivo” responsabilizar ao equipo directivo de “males de atención primaria” que asegura que se “reproducen en todas as comunidades autónomas”.

O conselleiro centra a problemática de Vigo no “proceso complexo de organización” derivado da apertura do novo hospital, que provocou que a relación entre primaria e hospitalaria sexa “menos fluída” e apela ao diálogo, con críticas á manifestación convocada para o día 27.

“As medidas de protesta están ben cando a Administración fai oídos xordos, pero isto agora non é así”, “coñecemos os problemas porque temos os equipos directivos traballando”, resolveu Almuiña, que aproveitou para pedir a “todos, xefes de servizo, facultativos, enfermaría, traballadores social, administración (…), a todos, dar ideas, tratar de trasladar o novo modelo para que o cidadán siga pensando que a atención primaria é o mellor servizo que hai”.

O titular de Sanidade tira do dato do barómetro sanitario de 2015, que indicaba que o 88% dos consultados valoraban que a atención primaria era boa ou moi boa, e móstrase contrario a medidas que define como “restritivas”.

Neste sentido, propón unha “clasificación de pacientes que chegan en sobredemanda”, para ser atendidos sen cita previa. A súa proposta pasa porque sexa o persoal de enfermaría o que valore se precisan ser atendidos o mesmo día ou reciben unha cita para un día posterior.

Povisa/ Miguel Núñez

A iniciativa xa se estaría aplicando como experiencia piloto en Vigo, como unha “modulación da demanda”, pola que aposta fronte á “modulación de números”, porque así se decidiría en base á “prioridade médica”.

“Hai unha decisión firme por parte da Consellería de tratar de adaptar o modelo, de tratar de ser un servizo de máxima valoración e que tamén os profesionais sentan ben valorados”, agregou.

Preguntado pola folga que desde hai semanas hai en varios Puntos de Atención Continuada (PAC), o conselleiro instou de novo ao “diálogo” e expresou a súa disposición de alcanzar algún pacto para chegar a “acordos”.

“Levamos tempo traballando con eles, hai algún tema que se está discutindo, pero para iso pedimos diálogo”, sinalou, coa confianza en alcanzar acordos nas “próximas semanas”.

Ante o acordo alcanzado entre o Sergas e Povisa, o titular de Sanidade defende que se trata dunha medida “boa para atención sanitaria na área de Vigo e tamén para os 1.400 traballadores”.

Despois de incidir en que Povisa leva asinados convenios coa Administración desde hai máis de corenta anos, defende que o acordo é positivo e beneficia tamén ás 136.000 persoas que optan por este centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...