InicioCulturaGuillermo de Oliveira, o director vigués que entrevistou a Eastwood e ao...

Guillermo de Oliveira, o director vigués que entrevistou a Eastwood e ao líder de Metallica e pode gañar un Goya

Este documental supón unha gran homenaxe ao director Sergio Leone e a súa gran obra "O bo, o feo e o malo".

PUBLICADO O

O ciclo de cine “Cans todo o ano”, que promove o Festival de Cans, xunto coa Sala Ingrávida e o Cine Clube Rebobina do Porriño, acollerá este domingo 23 de decembro ás 19:00 horas a proxección do documental Desenterrando Sad Hill, do vigués Guillermo de Oliveira.

O filme está a levantar unha enorme expectación porque acaba de ser seleccionado como finalista dos Premios Goya na categoría de “Mellor documental” xusto hai uns días, cando levaba xa varias semanas programado para este ciclo de cinema.

Ademais de nos Premios Goya, que terán lugar a principios de febreiro, o filme é tamén finalista na categoría de Mellor documental no premios Forqué, considerados tradicionalmente a antesala dos premios da Academia.

‘Desenterrando Sad Hill’ é un documental que narra a historia dun grupo de entusiastas cinéfilos que está sacando á luz nun pobo de Burgos o cemiterio onde se rodou unha das máis míticas secuencias da historia do cine, no filme ‘O bo, o feo e o malo’, de Sergio Leone, coa aclamada banda sonora de Ennio Morricone.

 

O director debutante Guillermo de Oliveira logrou entrevistar para a película ao propio Morricone, ademais de a James Hatfield -cantante de Metálica e fan do filme-, ao cineasta Álex de la Iglesia ou ao lendario actor e protagonista do filme Clint Eastwood.

 

A selección do filme como finalista nos Goya está a provocar unha avalancha de peticións para a proxeción do filme, pero a pesar da súa apretada axenda, o director Guillermo de Oliveira estará este domingo na Sala Ingrávida para presentar a película e manter un coloquio co público. Oliveira, que habitualmente reside en Madrid, achegarase a O Porriño, debido á estreita relación que garda co Festival de Cans.

O pasado mes de maio, o cineasta cedeu ao festival as primeiras imaxes inéditas do filme para proxectalas durante a celebración do festival, o que supuxo un dos primeiros apoios públicos do filme, para un cineasta que nese momento era case descoñecido.

Guillermo de Oliveira con Alfonso Pato, director do Festival de Cans/ Festival de Cans

Desde aquela, e despois da gran acollida que tivo a estrea europea no Festival de Sitges, o filme circulou por numerosos festivais e proxecións que van desde Estados Unidos a Francia, tendo un recoñecemento case unánime.

A película está emocionando ao público alá por onde pasa e estase a converter nun dos filmes do momento, imprescindible para os amantes do cine en xeral, e sobre todo para os fans de Sergio Leone.

As entradas para a sesión deste domingo e o posterior encontro co director poden mercarse anticipadamente a un prezo de 5 euros na plataforma www.ticketea.com. A organización recomenda facelo anticipadamente debido ao aforamento reducido da sala.

O Festival de Cans, a Sala Ingrávida e o Cine Clube Rebobina están preparando xa o que será o programa de “Cans todo o ano” para o primeiro catrimestre de 2019, así como actividades previas na celebración da que será XVI edición do Festival de Cans.

As tres entidades que colaboran no ciclo queren continuar coa idea de proxectar filmes de directoras e directores galegos que non tiveron a suficiente visibilidade no seu momento, para darlles de novo a oportunidade de chegar ao público, e ao mesmo tempo promover os encontros entre creadoras e creadores cos espectadores, algo menos habitual.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...