InicioSucesosFalece dun infarto un home de 81 anos mentres conducía por Beiramar,...

Falece dun infarto un home de 81 anos mentres conducía por Beiramar, producíndose un atropelo

PUBLICADO O

Ás 08:22 horas deste mércores, axentes da Sección de Atestados da Policía Local de Vigo trasladáronse á Rotonda do Porto Pesqueiro en Beiramar, onde segundo a información recibida producírase un atropelo.

Unha vez no lugar, foron informados por outra patrulla policial que chegara uns instantes antes de que os servizos de emerxencia médica estaban a atender ao condutor dun turismo, implicado nun atropelo; condutor que presumiblemente sufrira un infarto, sendo este o motivo da atención médica.

O atropelo produciuse presumiblemente nun paso de peóns, sendo os implicados; entre o condutor referido anteriormente, e unha muller -peón-. O condutor de 81 anos, que como se apuntou estaba a ser atendido polos servizos médicos de emerxencia, faleceu no lugar.

A atropelada resultou con lesións de carácter leve. O automóbil circulaba presuntamente cara a Cánovas del Castillo, e descoñécese se o posible infarto produciuse antes do atropelo ou despois, sendo estas circunstancias obxecto de investigación no momento de remitirlles esta nota de prensa.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...