InicioSociedadeA loita sen fin duns traballadores da Zona Azul que pasarán a...

A loita sen fin duns traballadores da Zona Azul que pasarán a noiteboa baixo a árbore da Porta do Sol

Os despedidos pola concesionaria Dornier tentan evitar , por todos os medios posibles, o esquecemento da sociedade viguesa.

PUBLICADO O

Os traballadores despedidos da zona azul de Vigo levan 108 días sen traballo e loitan por non caer na invisibilidade. Durante todo este tempo, a súa problemática saíu publicada nos medios de comunicación e ate tiveron un oco no pleno municipal que seguiu ao acontecido no Marisquiño, co apoio de tódolos grupos políticos. Agora, como unha medida ‘desesperada’, aseguran que cearán esta noiteboa baixo a gran árbore de luces da Porta do Sol.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, suliñaba este luns que el ía recibir “a todo o mundo” porque nunca escatimou “en recibir a ninguén”. “Non atoparán vostedes a ninguén que non recibira despois de pedilo“, suliñaba.

Unhas declaracións que facía mentres os traballadores en folga de Dornier (concesionaria da zona azul de Vigo) tentaban facer presión concentrados ás portas do Concello, o que provocou que se pechara a entrada principal, obrigando á xente a entrar e saír das instalacións de goberno local a través das oficinas do corpo de seguridade. O conflito, que estalou en agosto, semella moi lonxe de ter fin.

“As relacións laborais son da empresa cos traballadores, non co Concello. Non estamos autorizados para meternos. A empresa irá aos tribunais e calquera interferencia do Concello niso pode ser negativa”, aclaraba o rexedor. Preguntado sobre se non lle preocupaba a situación destes traballadores, que levan máis de 3 meses sen cobrar, respostaba cun “preocúpome por toda a cidade”.

“TODO SEGUE IGUAL”

Julio Fernández, delegado de UGT, e un dos traballadores en folga, recoñece a dificultade da súa situación agora que toda mediación coa empresa fracasou: “En principio todo segue igual, agardando a que o alcalde quera recibirnos, e os ánimos están fodidos. Seguimos dicindo que o día de Noiteboa estaremos ceando á pé da árbore, se non nos queda outra”.

Os traballadores da ORA queren recuperar os seus postos de traballo/ Miguel Núñez

“Consideramos que demos o tempo suficiente para que actúe o Concello. Eles mesmos dixeron que non chegaríamos a estas datas, en tódalas conversacións dicían que en novembro estaría resolto. Porque a empresa negou dereitos fundamentais como o de estar afiliado nun sindiato”, lamenta o traballador.

“Con López Font reunímonos en tres ocasións, pero con el (Caballero) non”, matiza: “Temos solicitudes no rexistro da Alcaldía, fomos 6 ou 7 veces a pedir a súa atención. Consideramos que o Concello é parte, porque adxudican un contrato e agora nos vemos nesta situación..”

Os traballadores da ORA queren recuperar os seus postos de traballo/ Miguel Núñez

“O Concello contradícese a sí mesmo. A comezos de agosto deste ano dixo que ía abrir un expediente. Non pode ser que unha das empresas concesionarias imcumpla o contrato e se tarden 4 meses en arranxar a situación…”, denuncia.

“Considerámonos vítimas deste proceso, máis cando xa sabíamos de antemán que Dornier, que ofertaba un 31% por debaixo, ía incumprir os pregos. Se hai valores anormais en calquera partida, como o era o destinado a soldos, débese investigar”, lamenta: “Xa non sei que pensar. Coido que rectificar é de sabios e que é o momento”.

Os traballadores da ORA queren recuperar os seus postos de traballo/ Miguel Núñez

“A folga indefinida comezou o 5 de setembro. Levamos 108 días. Esperanzas quedan sempre, e estamos abertos a negociar e ao diálogo. O que non queremos é que nos tomen o pelo, que digan branco e despois sexa negro. A nosa posición segue a ser a mesma, que readmitan aos traballadores. Mentres, a empresa segue desaparecida“, conclúe Julio.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...