InicioSociedadeContinúa o desencontro entre a Escola Municipal de Artes e Oficios e...

Continúa o desencontro entre a Escola Municipal de Artes e Oficios e o Concello de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios acusa ao Concello de non atenderlles por manter unha xuntanza co BNG.

PUBLICADO O

Os alumnos de Lutheria Antiga, da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, tiñan unha cita este xoves coa concelleira de educación Olga Alonso Suarez, pola eliminación deste curso.

Así o relata Norka Pérez, portavoz deste colectivo: “No día de onte, 13 de decembro ás 18:00 horas, presentámonos no Concello os 3 delegados da clase de Lutheria Antiga da Escola municipal de artes e oficios de Vigo para asistir á nosa reunión xa pautada o día venres 7 e confirmada no día de onte ás 12:00 horas”.

Agora Pérez defende que foron rexeitados por acudir antes á sede do BNG: “Ás 13:11 recibo outra chamada do despacho da concelleira anulándome a cita por estas declaracións, paréceme perigoso o ton ditatorial que está a tomar esta cidade, se ti non opinas igual anúloche, non me interesas. No canto de sentar a explicarnos, no canto de ter unha conversación e tranquilizarnos, no canto de cumprir co seu deber”.

“Cara a uns alumnos que sinxelamente non cren neles porque levamos 10 meses sen clases, cando isto se ía a solucionar antes que o mestre se xubilara, a día de hoxe estamos sen clases e piden que aguantemos ata setembro do 2019. Case 2 anos de aguante!!! E pretenden que lles creamos?”, pregúntase Pérez.

Concentración pola Escola de Artes e Oficios/ Miguel Núñez

“Di a súa secretaria que polo contido da miña entrevista a cita que tiñamos queda cancelada, eu dígolle que mo comunique por escrito ou eu de igual forma me presentarei, porque sei ao que xogan, xogan a que se eu non me presento dirán que son eu a que non quero conversar, entón como eu teño toda a disposición de chegar a un punto onde todas as partes saiamos beneficiadas, non serei eu quen non asista á devandita reunión, resulta, chegamos aí ás 17:55 e entramos, non aparecemos en lista de acceso, dános plantón Olga Alonso Suarez”, aseguran desde a MAO (Escola Municipal de Artes Oficios).

Esa mañá o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, mantiveron unha xuntanza con Norka Pérez como portavoz do alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios e pola súa campaña reivindicativa contra a supresión do curso de lutheria antiga na EMAO.

Concentración pola Escola de Artes e Oficios/ Miguel Núñez

Neste sentido, o candidato nacionalista asegurou que a amortización da praza de profesor asignada a este curso, que suporá na práctica a súa desaparición deixando sen oferta formativa a 30 persoas, pon en evidencia “a nula sensibilidade” do Goberno local en relación “ao noso acervo cultural e artístico”.

Norka Pérez, na súa comparecencia posterior á xuntanza diante dos medios de comunicación, salientou que o curso de lutheria antiga que se pretende suprimir é “unha xoia única en todo o Estado e ten formado a grandes profesionais que fixeron parte de proxectos de grande relevo a nivel internacional”.

“En lugar de desmantelala por partes o que merece Vigo é alargar e consolidar a oferta formativa da Escola Municipal de Artes e Oficios, poñendo en valor unha institución que ten por obxectivo facer accesíbel unha formación de calidade ao conxunto das viguesas e dos vigueses”, defenderon desde o BNG.

Reunión entre Norka Pérez e o BNG/ BNG

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...