InicioSociedadeCaballero inaugura un 'macroparque': "Queremos que Vigo sexa unha cidade para os...

Caballero inaugura un ‘macroparque’: “Queremos que Vigo sexa unha cidade para os máis pequenos”

As instalacións están ubicadas na contorna da Praza da Independencia.

PUBLICADO O

O rexedor vigués, Abel Caballero, inaugurou este mércores o novo “macroparque” infantil da Praza da Independencia, “unha zona con moita demanda”, que conta co dobre de espazo de xogo tras o investimento de 200.000 euros.

Conta con caucho continuo en todo o espazo, renováronse os xogos existentes e instaláronse xogos inclusivos. Amais, o Concello trasladou a zona biosaludable, instalou novos bancos e reparou xardineiras, pavimento, papeleiras…

Inauguración do macro parque infantil/ Miguel Núñez

“Queremos que Vigo sexa unha cidade para os máis pequenos”. Con esta idea Abel Caballero explicou este mércores que o seu goberno dedica 4,6 millóns de euros á reforma e ampliación de oito parques infantís para atender as necesidades de xogo das nenas e nenos vigueses.

O rexedor vigués, Abel Caballero, destaca o investimento do seu goberno en parques para os nenos e nenas vigueses que ascende a 4,6 millóns, coas obras de reforma e ampliación que están en marcha en outros oito espazos infantís.

Inauguración do macro parque infantil/ Miguel Núñez

Abel Caballero deu conta tamén da marcha das obras de reforma e ampliación noutros 8 parques infantís da cidade que suman un investimento de 4,6 millóns de euros. Así, están xa aprobados os proxectos e en proceso de licitación os parques da rúa Coruña, cun orzamento dun millón de euros), Jenaro de la Fuente, Bouzas e Maruja Mallo.

No caso do macro parque infantil de Venezuela está en proceso de certificación das obras mentres que, adiantou, o de Pedro Alvarado será inaugurado nuns días, o de Barreiro antes de que acabe o ano e do de Navia está feita a parte deportiva e a infantil pero queda pendente a parte xuvenil.

Inauguración do macro parque infantil/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...