InicioSociedadeCafé de Catro a Catro acolle a xornada "Mulleres e saúde" de...

Café de Catro a Catro acolle a xornada “Mulleres e saúde” de Lídia Senra tras cancelala o MARCO

PUBLICADO O

A xornada “Mulleres e Saúde” organizada inicialmente para o Museo de Arte Contemporáneo terá lugar no Café de Catro a Catro (Rúa de Gerona Nº16) este sábado 15, trala cancelación da primeira iniciativa, do que a eurodeputada Lídia Senra acusa á presión do medio La Voz de Galicia sobre o Concello local.

“Trátase dunha xornada aberta, dirixida a todas as persoas interesadas en abordar claves de análise que permitan avanzar na transversalización da perspectiva de xénero no ámbito da saúde”, subliñan desde a organización.

Comezará ás 11:00 horas coa apertura da mesma a cargo da propia Lídia Senra. A continuación desenvolverase un coloquio titulado “O tratamento médico das mulleres” no que participará a presidenta da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, María Luisa Lores, que ten estudada a medicalización e a calidade de vida das mulleres galegas; e Carmiña Mosqueira, que traballou como epidemióloga da Consellería de Sanidade de Asturias e actualmente está xubilada e ten estudado o cribado de cancro de mama por mamografía.

A partir das 13:00 horas, Alicia Capilla, presidenta da Asociación de Afectadas pola Vacina do Papilima Humano (AAVP), exporá a experiencia das mulleres vacinadas organizadas nesta asociación. A activista da Marcha Mundial das Mulleres María Montenegro encargarase de presentar a charla e de moderar o debate posterior. Ás 14.00 horas proporcionaranse declaracións aos medios de comunicación no mesmo lugar da xornada.

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, terá lugar o coloquio titulado “A violencia obstétrica, unha realidade que hai que sacar á luz para tecer sororidade”. Nel intervirán Elena Gil Rodríguez, experta na situación actual de atención ao embarazo, parto e saúde das mulleres, co-coordinadora galega de O Parto é Noso e responsable do grupo de Vigo; e Iria Pinheiro, nai, actriz e protagonista de ‘Anatomía dunha serea’ de Chévere Berberecheira. A xinecóloga Isabel Blanco será a moderadora.

A asistencia á xornada é aberta e gratuíta, podendo participar todas as persoas interesadas nos coloquios que consideren.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...