Vigo é unha cidade ‘top’: a camiseta de moda que están a pedir ata en Polonia, México… e A Coruña

Nin Londres, nin Tokio, nin New York, París non, Berlín tampouco: Vigo.

Vigo segundo Rei Zentolo/ Miguel Núñez

Óscar Sendón é o encargado da franquicia Rei Zentolo en todo Pontevedra e Vigo, pero esta nova camiseta exclusiva se vende só no centro da nosa cidade. De feito, a idea naceu precisamente porque a tenda está ubicada no número 1 de Príncipe, a uns pasos da inspiración.

Colleron tódalas grandes urbes ás que se referira Caballero no seu famoso speech e puxeron todas en gris menos a cidade olívica, “manifestando que Vigo ten a súa importancia como cidade”, relata Sendón como o seu creador.

“Hai que deixar os complexos atrás. A xente está viñendo máis, as luces e todo o que as rodean poden ser un reclamo con sentido do humor“, reflexiona.

Rei Zentolo/ Miguel Núñez

“A camiseta está funcionando ben, non hai queixa. Véndese mellor que otros diseños máis de sempre. Sobre todo ten boa acollida non pola xente de fóra para levarse un souvenir, senón para os de aquí que presumen de Vigo“, aclara.

Sempre cun puntiño de sorna e tanta retranca como é o común nesta firma. Mentres falamos con Sendón, outro mozo leva un par delas. Decidiron vendelas cinco euros máis baratas que o resto como ‘tiradas especiais’. Agora mesmo xa van pola segunda e hai que agardar varios días para algunhas tallas.

Sobre o polémicas que foron as luces, postúlase a favor e cre que si están a ter un efecto positivo: “Co alumeado o impacto visual é moitísimo maior, e nótase que si que hai máis xente. Pegamos una subida en comparación co ano pasado. Habería que velo no cómputo xeral cando termine o Nadal, pero si que é certo que a xente aproveitou desde o primeiro día para ver as luces”.

Resume o seu éxito en poucas palabras: “Son as 8 da tarde, e aínda que ata chova un pouquiño o entorno está cheo de xente como se fora un día importante. Hai un impacto. É complicado ir a tomar algo”.

Fariña e Vigo no Rei Zentolo/ Miguel Núñez

“A partir das 6, que é cando encenden de novo as luces, vexo á xente xirada, media ducia de persoas sacándose un selfie. É significativo. E nos acentos e forma de actuar vése que hai xente que non é de aquí, senón de fóra de Galicia. A fin de semana pasada viñeron bastantes persoas desde Barcelona… Caballero foi quen de chamar a atención. Cando es Trending Topic a xente di: teño que ir a Vigo“, recoñece.

Non deixa de resultar curioso que veñan desde tan lonxe por unas luces de Nadal, xa poden ser as mellores do mundo: “Con que se metan 4 luces en praza Cataluña, non queda nada que ver aquí”, bromea.

“Escoitei o speech das luces e pareceume brutal. Facemos deseños exclusivos de cada cidade e Vigo non pode ser menos: levamos o merchandising do Celta (excepto a parte estritamente deportiva, a cargo de Adidas), xa preparamos una homenaxe a Rande”, rememora. “Tentamos traballar coas forzas vivas da cidade”, resume.

En Coruña non a venden, claro. Pero coruñeses chamaron para pedila, asegura. E desde México ou Polonia.

Óscar Cendón, Rei Zentolo/ Miguel Núñez

 

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here