InicioPolíticaCaballero celebra o recoñecemento da UE ao Vigo Vertical: "É a mellor...

Caballero celebra o recoñecemento da UE ao Vigo Vertical: “É a mellor forma de transformar unha cidade”

O primeiro premio da Comisión Europea á cidade máis accesible recalou nos Países Baixos.

PUBLICADO O

“O proxecto Vigo Vertical obtivo unha mención especial da Unión Europea. É o recoñecemento de toda Europa á construción dos ascensores, das escaleiras mecánicas, das ramplas da Gran Vía”, vén de celebrar o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Porque este é “o recoñecemento de toda Europa a unha nova forma de entender unha cidade, de entender a modernidade e o transporte urbano. Un recoñecemento que nos enche de orgullo tras competir con cidades de toda Europa”, subliñou.

Gran via
Estatuas dos redeiros da Gran Vía/ Miguel Nuñez

“Estamos facendo unha cidade máis accesible para as persoas con discapacidade, para a xente maior, para as familias con nenos pequenos, papás, mamás (…) Con centos de millóns de euros adicados a estas funcións”, engadiu o rexedor, considerando que esta “é a mellor forma de facer unha cidade e transformar unha cidade”.

“Sentímonos moi orgullosos de que a UE, este territorio enorme de 500 millóns de habitantes, recoñecera a Vigo. É a forma de seguir facendo o Vigo que nos gusta, o Vigo accesible, con estradas amplas, para que todos os vigueses salven a orografía complicada que tiña Vigo, que agora se transforma nunha maneira habitual de transporte cos ascensores”, destacou.

Non obstante, este proxecto de Vigo Vertical non se librou de certa controversia, chegando a crearse a plataforma cidadá Salvemos La Gran Vía contra os posibles efectos negativos destas transformacións, como a tala de árbores ou as consecuncias no comercio local.

En concreto, Vigo foi recoñecida pola Comisión Europea pola súa “arquitectura innovadora nunha difícil tipografía”, e quedou entre as finalistas do premio ‘Ciudad Accesible’. Porque en primeiro lugar quedou a cidade de Breda, nos Países Baixos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...