Detidos dous mozos por tentativa de roubo dun coche aparcado na rúa

Policia municipal/ Miguel Nuñez

A Policía Local de Vigo procedeu na madrugada deste martes 4 de decembro á detención de dous mozos por tentativa de roubo con forza nun vehículo que estaba estacionado na rúa.

Os axentes foron comisionados ás 4:00 da mañá pola Central para que se dirixisen á rúa Brasil, onde ao parecer unha testemuña vira a dous mozos “fracturar a porta dun vehículo estacionado”.

A testemuña facilitou a descrición de ambos homes, e cando pouco despois os axentes se dirixiron á rúa Brasil para dar co paradoiro de vehículo, observaron a dous mozos achegándose ao mesmo que coincidían plenamente coas características físicas facilitadas.

Os raparigos ao decatarse da presenza policial deron a volta para afastarse do lugar, momento no que lles comunicaron que se detivesen. Un dos mozos parouse, mentres que o outro fixo caso omiso ás indicacións policiais, polo que un dos axentes procedeu a interceptalo para evitar que abandonase o lugar.

Moi preto de onde se atopaban os supostos autores, comprobaron que había un turismo da marca Opel Corsa coa porta traseira esquerda fracturada, atopándose no interior un anaco de baldosa, así como outro fragmento de baldosa na beirarrúa, á beira do vehículo danado.

Na parte traseira do vehículo atopábanse varias caixas do que aparentemente puidesen ser equipos musicais, polo que posteriormente foi retirado ao deposito municipal para preservar o contido do mesmo, ao non poder localizar ao seu propietario. Por todo iso procederon á detención de ambos os homes.

UNHA MOTOCICLETA ROUBADA

E este luns, sendo as 17:40 horas, policías que se atopaban de percorrido pola rúa Ramón María Onte observaron unha motocicleta sobre a beirarrúa que lles infundiu sospeitas.

Tratábase dunha Honda modelo SCV 100, solicitando os actuantes informe sobre a mesma na Central de Información e Mando desta Xefatura. Pouco despois confirmouse que dita motocicleta figuraba como subtraída desde o día 25 de setembro, polo que os actuantes tras preguntar aos veciños sobre a mesma, estes manifestaron que permanecía nese lugar desde facía unha semana máis ou menos. O vehículo foi retirado ao deposito municipal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here