InicioSucesosUn home con orde de detención é atopado pola policía tras robar...

Un home con orde de detención é atopado pola policía tras robar un móbil no Media Markt da Laxe

PUBLICADO O

Na mañá deste venres, unha dotación da Policía Local de Vigo observou a un individuo que saía do centro Comercial A Laxe en actitude sospeitosa. Ao identificarlle e proceder ao rexistro da mochila que portaba, localizaron unha carcasa de seguridade sen abrir, contendo unha caixa de teléfono móbil envolto en papel de aluminio.

Seguidamente procederon a entrevistarse co vixiante do establecemento Media Markt, comprobando polas cámaras do establecemento que o substraíra.

Ademais, a través das bases de datos puideron pescudar que sobre esta persoa nada en Compostela en 1992 e domiciliada en Vigo figuraba unha orde de procura e captura con data de entrada en vigor o 26/11/2018 por un Xulgado de Santiago de Compostela, sendo o motivo da reclamación un roubo con forza nas cousas. Polos feitos expostos procedeuse á detención de J. S. L.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...