InicioSucesosFerido grave un ciclista menor de idade tras colisionar cun turismo en...

Ferido grave un ciclista menor de idade tras colisionar cun turismo en Teis

PUBLICADO O

Ás 16:15 horas deste xoves a Policía Local recibía o aviso da existencia dun accidente de tráfico en Camiño Real á altura do numero 2, en Teis. A unidade de atestados desprazouse ao lugar, comprobando que se trataba dunha colisión entre un turismo e un ciclista.

O turismo era conducido por unha muller e a bicicleta por un menor de 15 anos de idade, sendo este ultimo trasladado por unha ambulancia ao Hospital de Povisa. Os axentes de Policía trasladáronse pouco despois ao centro hospitalario co obxecto de interesarse polo estado do mozo.

Os facultativos comunicaron que a vítima circulaba sen casco e que permanecería ingresado xa que presentaba un traumatismo cranioencefálico, así como insensibilidade nas extremidades inferiores.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...