InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtopan a unha muller soltando coellos enfermos na senda do Lagares

Atopan a unha muller soltando coellos enfermos na senda do Lagares

Estes animais, polo seu estado de saúde, constituían un perigo para a fauna local.

PUBLICADO O

Unha patrulla medio ambiental da Policía Local de Vigo trasladouse este martes ao Paseo do Lagares, onde ao parecer un cidadán atopara varios coellos vivos que presentaban síntomas de estar enfermos.

Unha vez no lugar, o home manifestou que momentos antes observara como unha muller que levaba unha carretilla e botou dela varios coellos no paseo, ausentándose a continuación dirección camiño Laxielas.

Os actuantes comprobaron que se trataba de cinco coellos de granxa que presentaban síntomas de estar enfermos, polo que procederon á captura dos animais. Posteriormente procederon a realizar xestións para a localización da responsable, resultando a procura fructuosa, sendo localizada pouco despois no seu domicilio.

A autora do abandono dos animais, de 57 anos de idade, manifestou tras recoñecer os feitos que os soltaba porque estaban enfermos. O veterinario Municipal emitiu un informe no cal se especificaba que os coellos estaban enfermos e supoñían un risco sanitario para a fauna silvestre.

Os axentes informaron á muller de que se daría conta do incidente á Delegación de Conservación de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por se os feitos puidesen ser constitutivos dunha infracción ambiental.

Ademais, este xoves ás 8:30 da mañá outra patrulla traladouse ao Centro de Urxencias Veterinarias da rúa Camilo Veiga, onde lles fixeron entrega dun moucho que fora entregado por un cidadán tras atopalo en Bouzas enfermo e débil.

Moucho/ Policía Local

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...