InicioCulturaA UVigo presenta unha exposición para todos os que ven formas nas...

A UVigo presenta unha exposición para todos os que ven formas nas nubes ou nas baldosas do chan

PUBLICADO O

‘Pareidolias. Viaxe interpretativa pola arte microscópica’: A Universidade de Vigo vén de presentar no Campus de Ourense esta exposición, que conta con 24 imaxes obtidas no estudo microscópico de mostras de tecidos de organismos animais e vexetais.

Por exemplo, o interior dunha folla de piñeiro ou camelia e a citoarquitectura do intestino humano ou do cerebro dun peixe. As fotos elixidas destacan pola beleza artística e pola súa capacidade de evocación.

As fotografías expostas, comentan as promotoras da iniciativa, convidan ao cada observador a responder ás preguntas: que ves? ou que che suxire esta imaxe?, xa que as imaxes xogan co concepto de “pareidolia”.

Ver formas familiares onde non as hai coñécese como pareidolia e é un fenómeno psicolóxico consistente no recoñecemento de patróns significativos en estímulos ambiguos e aleatorios”, comentan as profesoras.

Exposición da UVigo/ Duvi

Dito doutra forma, aclaran, “o teu cerebro atópase nunha fase de aforrar tempo e o que fai é buscar formas coñecidas xa existentes na memoria, na súa base de datos, e fai predicións sobre algo que ve”.

“Quen non viu animais, rostros ou outras formas recoñecibles nas nubes ou siluetas no pavimento, en árbores, rochas ou noutros obxectos cotiáns?”, pregúntanse as profesoras.

Así, a mostra está pensada para que o público vexa a imaxe de orixe científico, a asocie con cousas que nada teñen que ver en realidade con ela e logo descubra nos carteis postos ao carón de cada imaxe realmente a que corresponde esa fotografía.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...