InicioDeportesFrancisco Penín, historia viva do taekwondo en Vigo: "O máis difícil é...

Francisco Penín, historia viva do taekwondo en Vigo: “O máis difícil é sempre a constancia”

Francisco Penín, mestre do Gimnasio Kiap de Vigo, acaba de conseguir que un dos seus alumnos, Tomás Fernández-Herrerín, acuda ao campionato do mundo.

PUBLICADO O

Francisco Penín é mestre de taekwondo no Gimnasio Kiap de Vigo. Entre os seus alumnos está Tomás Fernández-Herrerín Rodríguez, que vén de gañar a prata no ‘Open Embajador de Korea de Madrid’ nas dúas categorías nas que participou, e nestes días está concentrado coa selección nacional para competir o día 16 en Taiwán.

Desde Xornal de Vigo valoramos a dedicación de Fran por tódolos seus alumnos e o traballo que tanta xente coma el fan polo deporte base na nosa cidade, e falamos con el desta excepcional arte marcial e o que supón na vida dos seus practicantes.

Os taekwondistas que adestran no Gimnasio Kiap teñen entre 3 e 72 anos, e compiten algúns xa con só 6 primaveiras ás súas costas, ou ata os 59 na Categoría Máster. Xa conseguiu levar a 15 taekwondistas a competicións internacionais, Tomás é o derradeiro polo momento en logralo.

Algúns alumnos comezan a adestrar moi novos pero non compiten ata chegar aos nove ou dez anos. Pouco a pouco espertan a súa inquietude pola competición: “Buscar unha meta e superarse e superar aos demais. Iso gústanos. Os seres humanos somos competitivos por natureza”, salienta Fran.

P- Non pode ser fácil preparar alumnos que conseguen grandes éxitos a tan temprana idade, e corren o risco de non poder repetilos no futuro.

R- Si. De feito, cando cambias de categoría se complican as cousas. E hai xente que ten esa capacidade de seguir traballando para destacar de novo e outra que non ten esa paciencia.

Nós intentamos que isto se teña en conta, porque ás veces toca unha tempada á sombra e ‘volver a empezar’. Por sorte, tivemos medallistas nacionais e internacionais cunha traxectoria bastante larga.

Tamén administramos o ego, que non crea ninguén que por gañar é unha estrela e pode permitirse todo. Os logros recoñécense, pero no grupo todos somos iguais.

P- Entón, non ‘forza’ aos seus taekwondistas a competir e agarda a que chegue o momento.

R- A competición require sacrificarse, adestrar máis horas, ‘perder’ findes de semana… Teñen que estar dispostos tanto o neno como as familias. Hai pais que non poden levar aos seus fillos ás competicións, ou nenos con medo escénico.

 

Fran e Tomás/ Miguel Núñez

P- Son as diferentes artes marciais compartimentos estancos?

R- Algúns de nós practicamos varias, sobre todo os adestradores, pero en xeral se estás dentro dunha non estás noutra. Introdúceste nun mundo e non te enteras dos demais. Cada arte marcial está moi pautado e diferenciado, non podes usar técnicas doutras artes marciais. Do mesmo xeito que tanto no baloncesto como no balonmán ou no fútbol sala emprégase unha pelota nun campo similar, pero son totalmente diferentes.

As bases poden ser próximas pero co tempo os diferentes deportes evolucionan. De feito os nenos pequenos fan unha preparación física que non é arte marcial pura, pero aínda así xa vai dirixida a ela, e traballamos o equilibro, a forza, a velocidade… Cada arte marcial intenta ser exclusivo e diferenciarse dos demais.

Hoxe o nivel subiu moitísimo, e iso obliga á especialización, tamén dentro do amplo habano de modalidades que hai no taekwondo. No xogos olímpicos só está representada a de combate, e moi poucos conseguen participar. Estamos loitando para que máis modalidades entren no programa.

P- Cales son as consecuencias positivas de practicar taekwondo para o alumno?

R- É moi beneficioso en canto á concentración ou a disciplina, que os nenos desenvolven desde o comezo, para poder empregalas en calquera actividade da vida, por exemplo nos estudos. Tamén axuda a afrontar mellor as situacións complicadas.

Tomás Fernández-Herrerín, alumno de Fran/ Miguel Núñez

P- Como chegou o taekwondo á súa vida?

R- Cheguei por casualidade e fomei parte do equipo de competición e gustoume moitísimo, pero despois decidín adicarme á ensinanza, que sempre me fascinou. Levo xa case 30 anos neste deporte, agora só como profesor, posto que é moi difícil compaxinar. Na vida hai que saber elixir e decatarse de cando finaliza unha etapa.

P- Que é o máis difícil do taekwondo?

R- O máis complicado é a constancia, como en tódolos deportes. As artes marciais adáptanse ben a moitas persoas, pero esixen disciplina, algo moito máis esixente aínda de acadar nunhas idades nas que nos gustan as cousas fáciles e rápidas.

Tomás Fernández-Herrerín, alumno de Fran/ Miguel Núñez

P- A gran pregunta: é posible sacarlle unha rendibilidade económica ao taekwondo?

R- Case imposible. Cada vez sube máis o nivel e hai que acudir a máis campeonatos para entrar nos ránkings. Algúns pais non poden asumir tantos desprazamentos, aínda con becas concedidas tralos grandes resultados dos seus cativos. Cada vez complícase máis para pais e clubes, incluso pequenas federacións como a galega intentan facer un esforzo.

Nin sequera os que nos adicamos á ensinanza gañamos para máis que para vivir. Outra cousa son os dirixentes das grandes federacións internacionais. Por outra banda, practicar taekwondo é relativamente barato se non compites.

P- Que opina das novas artes marciais que van xurdindo? Son unha dura competencia?

R- O taekwondo mantén os seus participantes, posto que é unha arte marcial establecida, no noso clube levamos 15 anos con entre 150 e 170 alumnos por clase. Outras artes marciais están máis de moda pero teñen data de caducidade.

Tomás Fernández-Herrerín, alumno de Fran/ Miguel Núñez

P- Que opina de deportes de combate máis agresivos, como o MMA ou o boxeo?

O MMA nunca me gustou, paréceme pouco técnico e ortodoxo. E nós non queremos xente que empregue a arte marcial para a violencia, todo o contrario. En canto ao boxeo, nunca me pareceu mal deporte, senón mal levado, pouco regulado.

Tería que estar moi pautado, para poder parar a tempo un combate, por exemplo. Pero, en canto aos riscos, hai deportes moito máis perigosos que este, nos que morre xente cada ano, aínda que en Europa esté tan mal considerado, ao contrario que en EE.UU.

P- E o taekwondo, é violento?

R- Non, para nada. As artes marciais tradicionais non o son, aunque poida parecelo polo contacto. A xente relaciona contacto con violencia, pero está controlada, os contrincantes respéctanse moitísimo e non hai rabia. Parécenme máis violentos o balonmán ou o fútbol, e ninguén di nada.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...