InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha muller e a Policía Local rescatan sete cachorros tirados a un...

Unha muller e a Policía Local rescatan sete cachorros tirados a un contedor de Candeán

PUBLICADO O

Ás 20:32 horas deste luns 12 de novembro unha cidadá escoitou sons no interior dun contedor de residuos orgánicos na rúa Salgueiro n.º 38 (Candeán), polo que deu aviso á Central da Policía Local de Vigo.

Unha patrulla desprazouse ao lugar indicado e puido comprobar que efectivamente dentro do contedor se atopaban sete cachorros de can recentemente nados no interior dunha bolsa de plástico, polo que foron rescatados en bo estado e trasladados posteriormente á protectora de animais.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...