InicioMedio Ambiente e PatrimonioAcusan á Xunta de non respostar ningunha das denuncias de cans encadeados...

Acusan á Xunta de non respostar ningunha das denuncias de cans encadeados en Vigo

A nova Lei de Benestar Animal aprobouse hai un ano, pero segundo denuncian os animalistas non se está a aplicar como debería.

PUBLICADO O

A campaña #SenCadeas, iniciada hai meses pola coalición entre a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber e que vehicula a través da páxina web www.sencadeas.info as queixas cidadás sobre cans encadeados de forma permanente, informou esta mañá do número de situacións producidas na comarca de Vigo, con 55 casos ata o momento.

A iniciativa dos colectivos en defensa dos animais xurdiu con forza tras a aprobación da Lei de Benestar Animal de Galicia, que prohíbe a limitación de movementos de forma continuada, como o encadeamento perpetuo ao que son sometidos decenas de cans e tamén gatos na comunidade, e que agora está proscrito.

Así, a norma autonómica contempla como infracción grave esta conduta, que pode causar problemas psíquicos e físicos aos animais, con multas de ata 5.000€ e tamén a posibilidade de inhabilitar para a tenencia dos mesmos ao responsable dos actos de crueldade por un máximo de cinco anos.

Can encadeado en Vigo/ Libera!

FFW e LIBERA! mostráronse moi críticos coa resposta da Xunta, xa que un ano despois da entrada en vigor da nova Lei, as denuncias formuladas polos animalistas recibiron moi poucas respostas, como o caso da comarca olívica, onde non recibiron contestación algunha aos escritos que marcaban algúns dos casos máis preocupantes.

Esta situación, a xuízo das organizacións, está a xerar non só unha despreocupación da cidadanía ao ver que as súas denuncias non obteñen unha resposta satisfactoria, senón tamén o mantemento da sensación de impunidade dos infractores, que en non poucos casos sospéitase que nin tan sequera identificaron aos cánidos, outra conduta sancionable como infracción grave.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...