InicioSucesosA Policía Local traballa para contrarrestar os desperfectos causados pola borrasca Beatriz...

A Policía Local traballa para contrarrestar os desperfectos causados pola borrasca Beatriz en Vigo

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo está a traballar arreo trala tormenta deste martes. Unha tapa da rede de sumidoiros aberta na rúa Julián Estévez, vivendas nas que a auga chega ao xeonllo a carón do Instituto Oceanográfico, unha árbore cortando un carril na rúa Cabalaira, descolgouse a iluminación de Nadal en Príncipe…

Son só algúns exemplos nunha cidade que espertou con desperfectos e chea de auga, que incluso chegou a entrar nalgunhas casas e provocou dano directo e indirecto a varios vehículos.

Tormenta en Vigo/ Miguel Núñez

A caída de contedores, árbores e outros elementos dificultaron a circulación en varias estradas, e a iluminación de Nadal foi desprazada con risco de caer á vía pública nalgúns puntos. Ademais, grupos de semáforos deixaron de funcionar e rúas como Martínez Garrido quedaron momentaneamente sen luz.

Tormenta en Vigo/ Miguel Núñez

Son as consecuencias da borrasca Beatriz, que deixou máis de 400 incidencias en Galicia, a maioría delas en estradas, causadas pola forte chuvia e tamén polo vento.

Vigo foi unha das cidades máis afectadas, pero A Coruña a provincia que máis incidencias presentou (182, por 148 de Pontevedra). Lugo e Ourense pasaron sen problemas un temporal que se centrou no litoral de Galicia.

Tormenta en Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...