InicioPolíticaMarea de Vigo asegura que a conxelación dos impostos é falsa e...

Marea de Vigo asegura que a conxelación dos impostos é falsa e subirán pasado o ano electoral

Marea de Vigo foi acusada polo Concello de "estar en contra da cidade".

PUBLICADO O

O grupo municipal da Marea de Vigo cualificaba este martes en rolda de prensa o proxecto orzamentario municipal para o 2019 como “continuista”, no que “ a meirande parte do incremento nas partidas só vén porque a Xunta deixou de cofinanciar certos servizos”.

O seu portavoz Rubén Pérez incidiu na cuestión da ‘suposta conxelación’ dos impostos: “É rotundamente falso que haxa unha conxelación impositiva, o que hai é una ‘postergación’ impositiva, subindo os impostos pasado o ano electoral, tal e como fixo o mesmo Abel Caballero no 2015″.

“Pola contra – engade o voceiro do grupo municipal – as empresas concesionarias, como é lóxico, si que están aplicando as subas impositivas, e polo tanto para o ano que vén se lles pagará coas subidas que, en anos posteriores repercutirán indubidablemente na cidadanía”, asegurou.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo critica que “nunha cidade onde os niveis de exclusión social aumentan, aumenta o número de persoas que solicitan as RISGAS, e os seus servizos sociais están colapsados, se manteñan os mesmos importes en partidas como as bolsas do comedor escolar ou o alugueiro vivenda e a suficiencia enerxética”.

Marea de Vigo, pola súa banda, fora duramente atacada polo Concello: “Sempre están en contra desta cidade, de que esta cidade evolucione e de que lle vaia ben. Recordo que xa estiveron en contra de Citroën e estou seguro de que lles encantaría que a este concello lle fora mal economicamente e estivese na ruína. Moléstalles e moito que a operación do concello co auditorio fose excelente para a cidade de Vigo e para os vigueses”, asegurou Carlos López Font en rolda de prensa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...