InicioMedio Ambiente e PatrimonioDescobre as 'mellores mascotas do mundo' na súa conquista do parque de...

Descobre as ‘mellores mascotas do mundo’ na súa conquista do parque de Castrelos

O parque de Castrelos celebrou este domingo a Can We Run.

PUBLICADO O

A Can We Run é unha carreira con mascotas moi especial e que xa visitou este ano Xixón, Zamora, Benavente, Málaga e Alicante; e esta fin de semana achegouse a Vigo para encher o parque de Castrelos nunha emocionante xornada de deporte, saúde e agarimo polos nosos mellores amigos.

Can We Run/ Miguel Núñez

O evento contou cunha carreira conxunta entre cans e os seus donos e demostracións coma as de ADA, agrupación que se encarga de intervencións asistidas con animais, como indican as súas siglas.

Can We Run/ Miguel Núñez

Pero por riba de todo a maior demostración foi a do agarimo e o respecto por estes fabulosos animais.

Que, dende logo, corren máis ca nós…

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo presente na entrega de premios.

Velaquí o resto de fotografías do evento que sacou o noso fotoxornalista Miguel Núñez:

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...