InicioCulturaO Teatro Afundación revive a loita de Macbeth polo reinado de Escocia

O Teatro Afundación revive a loita de Macbeth polo reinado de Escocia

PUBLICADO O

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle as actividades organizadas por Amigos de la Ópera de Vigo dentro da súa programación Outono Lírico no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), e a súa seguinte proposta será a representación da ópera Macbeth, de Giuseppe Verdi, o vindeiro 4 de novembro ás 19.30 h.

A posta en escena correrá a cargo da Orquesta Sinfónica Vigo 430, baixo a dirección de Diego García, e o Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz. Ignacio García será o director de escena e José A. López, Maribel Ortega, Felipe Bou, Eduardo Sandoval, Pablo Carballido, Marina Penas e Pedro Martínez-Tapia os solistas.

A acción transcorre en Escocia. Macbeth e Banquo, vitoriosos xenerais do rei Duncan sobre os rebeldes, atopan unhas bruxas que vaticinan que Macbeth será rei de Escocia e que os fillos de Banquo reinarán.

A profecía faise realidade. Macbeth mata a Duncan e pasa a gobernar no seu lugar. O delito impútase a Malcom, fillo de Duncan, que foxe. Instigado pola súa muller, Macbeth mata a Banquo cuxa sombra o persegue.

As bruxas dinlle que seguirá sendo rei ata que o bosque de Birnam non se achegue ao palacio. Isto ocorrerá porque os soldados de Malcom se camuflarán coas pólas das árbores dando a sensación de que avanza cara a el un bosque enteiro. Lady Macbeth e Macbeth morrerán finalmente.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...