Os principais protagonistas da historia de Vigo regresan á vida no cemiterio de Pereiró

Concepción Arenal, Cachamuíña, Irene Ceballos e a Marquesa de Valladares narran a historia da nosa cidade entre as escuras sombras do cemiterio.

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

Catro personaxes do Vigo de tódolos tempos están de volta grazas ás visitas guiadas e teatralizadas polo cemiterio de Pereiró, que tamén conta coa exposición ‘O vínculo da pedra’.

Un deles é Concepción Arenal, precursora do feminismo grazas á súa historia de loita. Como nos conta ela mesma na visita, foi descuberta disfrazada de home para acudir á facultade de Dereito e despois diso só tiña permitido acudir acompañada ás clases.

A ela únense Irene Ceballos e a súa bondade, que foi tal como para gañarse o cualificativo de “santa” e dar nome a un instituto, a Marquesa de Valladares e Cachamuíña, que tanto loitou pola reconquista de Vigo.

Coche fúnebre na visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

Vigo garda moitas historias que contar. Por exemplo, a importancia que tivo en tempos a panificadora, da que agora se fala para asignarlle un novo uso como pode ser o da Biblioteca do Estado. Ou o potente lanza torpedos co que Sanjurgo Badía quería defender Vigo dun ataque dos americanos.

E as historias regresan desde o outro mundo grazas a este viaxe polo cementerio máis famoso de Vigo e a súa simboloxía da vida e a morte: reloxos, antorchas, o alfa e o omega, os anxos, as columnas, bufos, rosas, telas…

A marquesa de Valadares/ Miguel Núñez

Coñeceremos o labor dalgunhas das persoas máis importantes na historia de Vigo. Moitas delas teñen unha rúa co seu nome (García Barbón, Sanjurjo Badía, Concepción Arenal), pero a pesar diso a súa obra corre perigo de caer no esquecemento.

Irene, Santa Irene/ Miguel Núñez

Quen trouxo o cine sonoro a Vigo? Quen foi o propietario do primeiro coche da cidade? Por que no Museo Quiñones de León só queda en realidade unha lámpada da época na que era un pazo e o demais son recreacións posteriores? Que era a ‘sardinocracia’?

A cidade dos mortos regresa este samaín non para vengarse, senón para explicar aos vivos a urbe na que sufren e gozan hoxe. E, por suposto, como e cando gañou o sobrenome de “Fiel, leal e valerosa”.

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

Outra pregunta que poucos dos vigueses que non visitaron o cemiterio poderán respostar é se hai suicidas, musulmáns ou protestantes enterrados. Tampouco saberán que este mesmo cemiterio foi un lugar de fusilamento do franquismo, nin cal foi o último desexo do derradeiro asasinado.

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

As tumbas latexan e as desputas entre as figuras ilustres do composanto aínda se recordan. Por exemplo: un era un periodista de esquerdas, próximo ao anarquismo, que traducía a Bakunin, outro o presidente do Banco de España. O primeiro acusou de desfalcar ao segundo… De quen estamos a falar?

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

Os mortos aparecéronse este outubro e continuarán a facelo en novembro, tódolos venres, sábados e domingos de 19 a 21 horas. Para inscribirse, hai que acudir ao centro de recepción de Visitantes (rúa Cánovas del Castillo 3), de luns a domingo de 10:00 a 17:00.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here