InicioDeportesA Real Sociedad iguala no último momento en Balaídos un novo gol...

A Real Sociedad iguala no último momento en Balaídos un novo gol de Aspas

A estrea do Celta na Copa do Rei remata sen un gañador: 1-1.

PUBLICADO O

Para comezar a Copa do Rei, Antonio Mohamed decidiu dar entrada a algúns dos menos habituais e incluso tirou de canteira, pero buscou o equilibrio coa presenza de Aspas ou Lobotka, ambos moi participativos. Non é sinxelo xestionar dous partidos difíciles na mesma semana.

Aspas apareceu en tódalas frontes: baixaba a defender, tocaba o balón en campo propio e o da Real, cortaba xogadas, axudaba na elaboración e tamén, por suposto, exercía de capitán protestando ao colexiado as xogadas máis polémicas.

Aspas protesta no chan/ Liga Santander

E todo parecía facelo ben, pero lonxe da área, ata que apareceu no gol, despois dun córner botado por Brais Méndez, que ingresou na cancha despois dunha primeira parte que rematara ‘a gafas’: 0-0.

Dous dos xogadores con máis potencial ofensivo do equipo, Pione Sisto e Emre Mor, xogaron 45 minutos cada un e deixaron luces e sombras. Sisto deu co pau e case marca de falta, pero tamén sacando raso un balón estivo a piques de conceder unha ocasión clara de gol ao rival.

Eckert e Sisto/ Liga Santander

Mor tamén participou nunha xogada de moito perigo, amosando a súa calidade, pero perdeu bastantes balóns, xerándose algunha contra. Nos últimos minutos, cando non quedaban cambios, acusaba dor na súas costas e non puido loitar con normalidade algúns balóns, máis a bancada agradeceu o seu esforzos con aplausos.

Dous xogadores necesitados de confianza, sobre todo Mor. Sobre el pesa unha ‘lenda negra’ de indisciplina, sexa máis ou menos certa, tras ser criticado publicamente por Mohamed e apartado a meirande parte do que levamos de Liga.

Brais Méndez no córner que termina en gol/ Liga Santander

Foi un partido de ‘cabeciña’, sen demasiadas ocasións claras, no que ambos equipos tentaban coidar o balón, de feito o Celta arriscou se cadra de máis á hora de sacar o balón xogado desde a portería.

A idea principal era non cometer erros e o 0-0 parecía un resultado xusto e incluso bo. Co inesperado gol de Aspas (non estabamos xerando moito perigo) a ledicia chega a Balaídos, pero o tanto final de Juanmi calmou os ánimos. Queda moito por loitar aínda.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...