InicioMovementos SociaisSindicatos acusan a patronal dos elaborados do mar de boicotear a folga...

Sindicatos acusan a patronal dos elaborados do mar de boicotear a folga con traballadores de ETT

PUBLICADO O

“A patronal dos elaborados do mar aposta pola represión para boicotear a folga convocada no sector co obxectivo de reclamar un convenio colectivo que mellore unhas condicións laborais escravas”. Esta é a versión dos feitos defendida polos sindicatos FGAMT-CIG, que  tamén critican a “actitude” do empresariado e a actuación das forzas de seguridade, que consideran desproporcionada.

“O terceiro día de folga do sector en Vigo, que rexistrou de novo un seguimento maioritario que paralizou a produción das principais empresas, estivo marcado pola violencia policial”, aseguran.

A tensión trasladouse dende primeira hora da mañá ás portas de Cabomar, compañía de Marín propiedade do presidente da patronal Conxemar, José Luis Freire, “onde a numerosa presenza de piquetes evitou a entrada de persoal contratado a través de ETT co fin de evitar a paralización da fábrica como consecuencia do seguimento maioritario que rexistrou o terceiro día de paro”, relatan os sindicatos.

Folga do sector do conxelado/ CIG

Como consecuencia dos enfrontamentos entre persoas en folga e a policía, dúas persoas tiveron que ser trasladas en ambulancia até o hospital pontevedrés Montecelo para que fosen atendidas das diversas contusións que presentaban. “Non se poden consentir estas agresións a mulleres indefensas que o único que fan é reclamar un convenio digno”, sinalou ao respecto o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi.

O responsable sindical carga tamén contra a contratación de persoal de ETT, o cal defende que supón unha vulneración do dereito de folga. Finalmente non estes traballadores non accederon ás instalacións da empresa ante a presenza dos piquetes.

Deste xeito, a produción permaneceu paralizada, ao igual que nas outras principais compañías do sector como Mascato, en Salvaterra, ou Fandicosta, en Domaio.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...