InicioEconomíaRegades visita China para coñecer as principais zonas francas do mundo e...

Regades visita China para coñecer as principais zonas francas do mundo e abrir Vigo ao mercado asiático

PUBLICADO O

Para estudar as posibilidades de establecer liñas de colaboración coas principais zonas francas mundiais e analizar as potencialidades de comercio que se poidan abrir cos mercados asiáticos, o delegado da Zona Franca, David Regades, conxuntamente con varios técnicos da mesma, está a participar no Cume da Organización Mundial de Zonas Francas  que se está celebrando esta semana na Zona Franca de Hengqin, na cidade-prefectura de Zhuhai, provincia de Cantón, ao sur da República Popular China.

No marco deste congreso mundial, o Delegado presenta este mércores os diferentes proxectos que se están desenvolvendo nestes momentos na Zona Franca de Vigo, particularmente as posibilidades que se abren para introducir produtos en España e Portugal a través dos almacéns de Bouzas e as posibilidades de implantación de empresas na nova superficie industrial da PLISAN.

Reunión de Zonas Francas en China/ Zona Franca de Vigo

Baixo o lema “Cooperation, New Development”; a Organización Mundial de Zonas Francas está a crear unha plataforma global para que os responsables de zonas francas se comuniquen, compartan e coñezan as últimas tendencias na xestión destas áreas libres de impostos e máis particularmente, das zonas francas de China.

Nesa liña, despois dos tres días deste en Zhuhai, e para obter un coñecemento máis detallado sobre as zonas de libre comercio de China, a delegación viguesa visitará e manterá reunións de traballo cos xestores da Zona Franca de Tianjin, a cuarta cidade máis poboada de China e onde nos últimos anos, ao redor de 285 empresas “ Fortune 500” estableceron a súa base convertendo á histórica cidade nun novo polo de crecemento en centro da industria e as finanzas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...