O PSdeG abandona a comisión do Marisquiño, que define como ‘campaña electoral de partidos mediocres’

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

Grupo Parlamentario do PSdeG abandona a comisión de investigación creada no Pazo do Hórreo para indagar sobre o accidente ocorrido en Vigo o pasado mes de agosto durante o festival O Marisquiño acusándoa de ‘electoralista’.

Así o anunciou o portavoz socialista neste órgano parlamentario, Abel Losada, que anunciou que deixarán aos demais partidos políticos, con ‘resultados mediocres’ na cidade de Vigo, “facer a súa campaña electoral no Parlamento de Galicia, a uns meses, precisamente, das eleccións municipais de maio”.

“É evidente que é unha comisión de investigación electoral“, concluíu.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here