InicioPolíticaO BNG propón en Vigo aumentar un 50% o IBI para as...

O BNG propón en Vigo aumentar un 50% o IBI para as vivendas desocupadas e aplicalo aos edificios da igrexa

PUBLICADO O

O Bloque Nacionalista Galego presentou un total de 24 alegacións, entre reclamacións e suxestións, ás ordenanzas fiscais e prezos públicos do Concello de Vigo para o exercicio 2019, que foron aprobadas inicialmente o pasado 5 de setembro.

As alegacións nacionalistas propoñen a aplicación de fórmulas legalmente previstas, como as bonificacións, os aprazamentos e as exencións, para “avanzar cara a unha fiscalidade municipal socialmente xusta”, defenden.

“Nunha cidade con máis de 23.000 persoas sen emprego e máis de 60.000 en risco de pobreza e exclusión, os impostos e as taxas municipais teñen que ir gañando en progresividade, para reducir o esforzo fiscal de quen menos pode”, defende o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.

No relativo ao IBI, o Bloque demanda unha vez que se aplique a todos os edificios propiedade da igrexa católica que non estean exentos, e que ao mesmo tempo se aplique unha bonificación do 95% dese imposto á Universidade de Vigo e aos locais de entidades sen ánimo de lucro que se destinen a actividades de carácter social.

Por outra parte, e co obxectivo de estimular a oferta de alugueiro social, o BNG propón aplicar un recargo do 50% do IBI ás vivendas que fiquen desocupadas durante máis de 24 meses e que non sexan ofertadas nalgún programa público.

Xabier P. Igrexas, candidato polo BNG á alcaldía de Vigo/ Miguel Núñez

En relación ao recibo da auga, os nacionalistas volven exixir unha novo sistema de tarificación do consumo de auga en base ao consumo real, e que fiquen exentas as familias de escasos recursos ou perceptoras da RISGA.

Por último, no tocante ás tarifas do billete do transporte urbano, o Bloque pide a conxelación do prezo do billete ordinario e de todos os bonos. Ademais, volven demandar que se equipare o prezo do bono social ao do bono universitario (0,67 euros), que se eleve o tope para ser beneficiaria do bono pensionista II ao 120% do salario mínimo (para aproximarse ao importe da pensión media), e a creación dun bono social II que faga gratuíto o autobús para persoas desempregadas de longa duración e persoas perceptoras de pensións non contributivas ou sen pensión.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...