InicioVigo en FotosO álbum familiar dunha llama

O álbum familiar dunha llama

PUBLICADO O

Esta llama sen nome vive no zoo de Vigo, nunha humilde casiña. Quere deixarnos pasar para enterrar prexuízos. Ela non vai cuspindo a ninguén. Está triste: todos tremen os seus disparos e non hai quen a mire aos ollos.

Llama/ Enrique Martínez

Cada día pisa este mesmo chan, que semella marciano ata que aparecen as súas patiñas.

Chan místico/ Enrique Martínez

Aquí ela e as súas compañeiras arrincan o verdor da terra para alimentarse aos pouquiños.

“Ei! Ti! Pasa!”, non quere agardar un segundo, repetirte unha vez máis que te convida a entrar.

Llamas no zoo de Vigo/ Enrique Martínez

Porque así é como a ve a xente: con desconfianza, con maldade.

Llamas no zoo de Vigo/ Enrique Martínez

Pero ela é unha boa llama, moi amiga das súas amigas e de ti, se queres, tamén.

Llamas no zoo de Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...