InicioSucesosUn condutor de 83 anos arroia por descoido a unha nai e...

Un condutor de 83 anos arroia por descoido a unha nai e o seu bebé nun paso de peóns da Avenida Atlántida

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nai de 23 anos de idade e o seu bebé de 2 foron atropeladas por un turismo conducido por un home de 83 anos. Os feitos ocorreron este luns sobre as 17:50 horas na Avenida Atlántida, á altura do numero 45, sendo a causa probable un descoido do condutor, resultando feridas leves.

Algo máis tarde, sobre as 08:15 horas do luns, producíase un atropelo no que se viron implicados o condutor dunha motocicleta e unha peón de 17 anos de idade. Os feitos tiveron lugar fóra de paso peonil na rúa Vista Alegre á altura do número 7, resultando ferida leve a muller atropelada.

Tamén fora arroiada unha muller de 71 anos de idade na rúa Brasil nº 8, polo condutor dunha motocicleta que se deu á fuga. Os feitos tiveron lugar sobre as 15:15 horas, fóra de paso peonil, resultando ferida leve a muller atropelada. Polo momento non foi localizado devandito condutor.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...