Propoñen Balaídos como sede oficial da selección galega de fútbol gaélico se o Celta abandona o estadio

Gorro de papel .
Cando o sol apreta e xa non queda nin gota sempre é útil o periódico diario /Miguel Nuñez

O partido galeguista Compomiso por Galicia (CxG) quere que Balaídos se transforme no “Wembley” galego, e propoñen que este estadio municipal sexa declarado sede oficial preferente das seleccións galegas de fútbol e fútbol gaélico.

“Ante a noticia de que o Real Club Celta de Vigo non vai quedar coa concesión do estadio municipal de Balaidos, no que se investiron mais de 50 millóns de euros nas súas obras todavia por rematar, entre Deputación de Pontevedra e Concello”, subliñan, os galeguistas de Compromiso apostan por darlle unha nova vida ao estadio.

“A petición dirixida no dia de hoxe e feita desde a máxima instancia do R.C. Celta de Vigo, na figura do seu presidente Mouriño, a toda a corporación viguesa, é un tema que marca se cabe todavia mais as deteriodadas relacións entre a entidade e o concello e que non teñen visos de arranxo“, lamentan.

Os galeguistas apostan por que o Real Clube Celta defenda os seus intereses como Sociedade Anónima Deportiva e actué como mellor considere para o seu futuro, e culpan ao “momento de parálise que vive a cidade”, ao non contar con PXOU, “deste tipo de inseguridades xurídicas que prexudican finalmente o crecemento económico de Vigo”.

Xoán Antonio Cortés, secretario local na cidade olívica da formación galeguista, traslada a sua preocupación polos custes que poderia supor isto para as contas municipais. “Unha situación da que deben responsabilizarse desde o goberno local e sobre a que as propias caracterísitcas da reforma teñen tamén unha grande responsabilidade”, destacan.

“É imposible que teñamos que ser agora os habitantes de Vigo os que teñamos que asumir os custes desta mala xestión e da que tamén teriamos que ver responsabilidades políticas” afirma Xoán Antonio Cortés, que tamén indica na necesidade de controlar este tipo de obras.

Para o secretario local, Xoán Antonio Cortés, o problema está nas mesmas obras de reforma do estadio, “feitas sen un proxecto integral e sen modificacións estruturais de contido, o que xa se ten expresado desde varias peñas celtistas”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here