InicioSociedadeAs solicitudes da Renda de Inclusión Social (RISGA) triplicáronse en Vigo desde...

As solicitudes da Renda de Inclusión Social (RISGA) triplicáronse en Vigo desde o inicio da crise

PUBLICADO O

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo lembra que en Vigo “somos xa a cidade galega onde se detecta o maior aumento de solicitudes da RISGA nos pasados anos, triplicándose dende o inicio da crise, a pobreza está incrementándose exponencialmente día tras día. Na nosa cidade esa cifra xa supera o 20% segundo os últimos datos que ofrecía EAPN-Galicia”.

Marea de Vigo cualifica como ‘remendo’ o que está facendo o goberno local en materia de política social: “Este ano, a mesma familia co mesmo nivel de ingresos e a mesma problemática que o ano pasado, está recibindo importes moito menores”.

Tamén critica “que o goberno local do PSOE utilice argumentos como que o aumento do orzamento do servizo de Axuda no Fogar é unha decisión do goberno local para mellorar as políticas en materia social, cando a realidade é que nin é unha opción da entidade local nin hai garantías de que con ese aumento melloren as condicións laborais das traballadoras do servizo nin das persoas usuarias, tendo como única certeza o feito de que a empresa que o xestiona, Clece, do grupo ACS, vai obter maiores ingresos”.

Neste ano 2018, o grupo municipal Marea de Vigo levaba ao Pleno outra moción cuxo principal obxectivo baseábase na incorporación das medidas necesarias para que as cuantías da RISGA se achegasen ao marcado no indicador AROPE, neste caso apoiada polo grupo socialista ao estar enteiramente dirixida a instar á Xunta.

“Necesitamos espazos de coordinación entre as administracións xunto á dotación orzamentaria necesaria para que as axudas de emerxencia realmente resulten eficaces.  Isto debería ser prioritario nas políticas a levar a cabo desde a institución máis proxima á veciñanza, como é o Concello” conclúe Marga L. Barreiro, concelleira do grupo municipal da Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...