A rúa Llorente do Barrio do Cura, “niño” de okupas

GOA e servizos de emerxencias atenden a un home na Rúa Llorente/ Miguel Núñez

Os altercados sucéndense no Barrio do Cura, varios en menos de 24 horas na mesma rúa, Llorente. Primeiro, a persecución dun home que supostamente robara nun BMW estacionado nun aparcadoiro público, e foi perseguido pola Policía Local ata a devandita rúa.

Despois, na madrugada deste sábado, unha pelexa entre okupas cando aínda non chegara a luz do sol provocou que os veciños chamaran aos corpos de seguridade, atendendo o conflito os GOA (Grupo Operativo de Apoio) nesta ocasión. Varias persoas foron detidas e unha precisou atención médica polas feridas ocasionadas.

O malestar entre os veciños crece neste barrio no que os fondos de inversión internacionais teñen botada máis que unha ollada, posto que, a pesar do seu mal estado actual, hai tempo que comezaron as compras coa intención de reconvertilo nun barrio de luxo coa construción de novas vivendas.

Policía Nacional / Miguel Núñez

 

 

 

2 COMENTARIOS

  1. A demora na publicación dos comentarios non favorece a interacción do xornal cos lectores !
    Se non facilitades máis esta interacción case mellor sería eliminar a sección comentarios !
    Non comprendemos ben os motivos de tanto retardo na publicación !

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here