InicioSucesosDetido un vigués tras lesionar o tímpano da súa parella golpeándoa co...

Detido un vigués tras lesionar o tímpano da súa parella golpeándoa co móbil

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo procedeu á detención de S.D.R, un home de 38 anos de idade, nacido en Pontevedra e domiciliado en Vigo, por presunto delito de violencia de xénero. Ás 03:50 horas da madrugada deste xoves, axentes da Policía Local foron comisionados pola Central para que se dirixisen ao PAC de Pizarro, onde ao parecer un taxista trasladara a unha vítima de malos tratos físicos.

Unha vez no lugar, os Policías entrevistáronse co taxista, o cal permanecía aínda na entrada do centro médico, quen referiu que momentos antes recollera a unha muller que se atopaba chorando e moi nerviosa á altura da Avenida de Castelao, presentando lesións no rostro. Durante o traxecto, queixábase de dor no oído, comunicando ademais que a agresión fora producida pola súa parella.

Os actuantes entrevistáronse a continuación coa doutora de garda, a cal confirmou que estaba a asistir a unha vítima de malos tratos e que esta lle referiu que tras unha discusión coa súa parella nun momento dado el estampoulle o seu teléfono móbil na orella dereita, fracturándoa e provocándolle lesións no tímpano, presentando ademais golpes por todo o corpo e unha dentada no lado dereito da cara.

Pouco despois entrevistáronse coa vítima, a cal manifestou que a súa parella posiblemente se atoparía no domicilio onde se produciron os feitos, facilitando unha descrición do home, polo que os actuantes dirixíronse ao lugar, podendo localizar a S.D. R no interior dun taxi no lugar sinalado pola agredida, polo que procederon á súa identificación e posterior detención.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...