A Garda Civil desarticula tres “bandas latinas” tras centos de delitos e dous anos de traballo

Vigo desde o Xeral/ Miguel Núñez

A Garda Civil acaba de desarticular tres bandas latinas do sur de Pontevedra, ás que se lle atribúen máis dun cento de delitos en Vigo, Cangas e Baiona: acosos, lesións, ameazas e furtos, moitos deles de teléfonos móbiles. A pesar de que os detidos están a ser investigados, non está previsto que pasen a disposición xudicial nos próximos días.

Concretamente, a Garda Civil despregou estes días un operativo grazas ao cal detivo este mércores a 6 maiores de idade e realizou catro rexistros, un dos cales terminou co traslado dunha moza de 20 anos ao Cunqueiro, donde permanece en estado grave pero fóra de perigo ao caer desde o cuarto piso mentres intentaba fuxir desde o quinto. Precipitouse ao baleiro no número 33 da Avenida da Florida.

O xulgado de instrución número 4 de Vigo investiga a 15 persoas. Algunhas delas non chegan a maioría de idade, e mesmo fuxiron de centros tutelados. Todos son presuntos membros desta banda criminal inspirada por grupos criminais dominicanos.

O delegado do goberno, Javier Losada, referiuse en rolda de prensa a este asunto e reflectiu que os membros veñen de familias desestructuradas e chamou á tranquilidade: “No sur de Galicia non hai un problema de bandas, xa se farán as valoracións adecuadas”.

Número 33 da Avenida da Florida de Vigo
Número 33 da Avenida da Florida de Vigo

“É unha operación na que levaba dous anos traballando a Garda Civil”, indicou Losada. Durante este tempo, os axentes estiveron “buscando todos os antecedentes e todas as implicacións” sobre estas “tres bandas latinas” que foron desarticuladas e que “non estaban integradas en ningunha das bandas latinas que se coñecen internacionalmente, pero que na súa estrutura estaba así funcionando”.

Javier Losada tamén sinalou que “co cualificativo de bandas latinas establécese un tipo de delincuencia perigosa”, co que “hai que ter moito coidado”. Por ese motivo, as forzas interviñeron “con eses niveis de esixencia”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here