Caballero asegura que a Xunta non está preparada para combater os incendios

Feijóo e Caballero, en Conxemar/ Miguel Núñez

O rexedor vigués, Abel Caballero, vén de criticar que se tardasen catro horas en pedir axuda aos bombeiros da cidade olívica para acudir a cooperar nos labores de extinción do incendio que se declarou en Mondariz na tarde do pasado domingo, 7 de outubro, un ano despois dos incendios que asolaron Galicia en 2017.

Nunha rolda de prensa, o alcalde socialista indicou que os bombeiros de Vigo recibiron o aviso sobre as 22.00 horas, cando o incendio “xa levaba catro horas de voracidade”, e “saíron inmediatamente” varios efectivos cunha bomba forestal pesada.

Para o alcalde de Vigo, catro horas “é un tempo imposible de esperar”, e lembrou que os servizos de extinción da cidade están dispoñibles para cooperar cando se produzan incendios, e “a cambio de nada”.

lume incendios
Operarios rodeados de lapas e fume / Miguel Núñez

Caballero, no entanto, constatou que a Xunta “non entendeu aquela terrible mensaxe” que se produciu na vaga de incendios de outubro do ano pasado, e que “non está preparada para facer fronte aos incendios”.

“Hai que cambiar os protocolos, hai que chamar inmediatamente”, proclamou e aseverou que, pouco despois de que se declarase o lume en Mondariz, “xa se vía a voracidade que estaba a ter”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here