InicioPolíticaAbel Caballero cobrou o pasado ano 74.018 euros, un 85% máis que...

Abel Caballero cobrou o pasado ano 74.018 euros, un 85% máis que o alcalde da Coruña

PUBLICADO O

O salario máis alto das principais alcaldías galegas percíbeo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que cobrou 74.018,18 euros en 2017. Por outra banda, o peor pagado das grandes cidades foi o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, que percibiu pouco máis da metade, 39.999,96 euros.

Estes datos foron aportados polo Goberno central de Pedro Sánchez, quen non contou co exercicio de transparencia de aportar as contas en varios municipios. En total, 43 dos 313 concellos que hai en Galicia non enviaron datos, entre eles o concello de Ourense ou o de Ferrol.

O segundo mellor pagado das sete principais cidades galegas foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), que cobrou só 3.000 menos que o alcalde vigués en 2017. Despois segue na lista a alcaldesa de Lugo, do PSOE, con 67.021,08 euros. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quedou en 50.999, 90 euros.

Carmela Silva/ Miguel Núñez

En canto ás deputacións provinciais, Carmela Silva (PSOE), a cargo da Deputación de Pontevedra, percibiu 73.032,26 euros, situándose á cabeza, mais seguida de cerca polo presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar (PP), con 72.325,26 euros.

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso (PSOE), e o de Lugo, Darío Campos (tamén do PSOE), percibiron 64.778,84 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...