InicioPolíticaO BNG define a visita do Ministro de Fomento a Vigo como...

O BNG define a visita do Ministro de Fomento a Vigo como “fogos de artificio” e “bluff electoral”

PUBLICADO O

Para o BNG de Vigo a visita do ministro de Fomento á cidade olívica foi un “bluff electoral”. O candidato do Bloque ás vindeiras eleccións municipais, Xabier P. Igrexas, lamentou a falla de concreción nos compromisos.

“O ministro Ábalos só trouxo a Vigo fume vello, con promesas sen concretar, reiterando o mesmo guión dos gobernos anteriores. Promesas, boas palabras, anuncios de estudos, pero nada concreto nin real”, criticou.

Desde a fronte nacionalista denunciaron que a visita do ministro, “que tivo máis un carácter preelectoral que institucional”, se saldase sen ningún resultado verificábel. “Novamente vemos como o Goberno español limítase a prometer que vai facer informes pero máis nada”, dixo Pérez Igrexas en alusión á demanda veciñal de conversión en tramo urbano da AP9 desde as Torres de Padín, e non desde Bos Aires como apuntou o ministro.

AP-9 / Miguel Núñez.

En relación á autoestrada, para Igrexas resultou “moi indicativo que Ábalos fuxise de concretar nada a respeito de cando se vai quitar a peaxe entre Rande e Redondela, nin por suposto sobre a transferencia da AP-9 para que pase a ser de titularidade pública galega”. Tampouco se puxo acima da mesa “nada substancial” sobre a autovía alternativa á A-55 que une a cidade co Porriño.

En relación á conexión directa en tren de alta velocidade coa Meseta, o candidato nacionalista reprochou que novo goberno “repita os mesmos anuncios ocos” que o anterior.

“O ALCALDE EN LUGAR DE DEFENDER OS INTERESES DA CIDADE CELEBROU OS FOGOS DE ARTIFICIO DO MINISTRO”

“Agora falan novamente da variante de Cerdedo, pero para dicir que hai que facer un novo informe ambiental que é maneira técnica de dicir que a cousa vai seguir indo para longo. Por iso resulta ofensivo que volvan insistir no prazo do ano 2020. Quen pode crer que iso é algo máis que un novo patadón para adiante?”, reprochou Igrexas.

Aliás, a fronte nacionalista volveu poñer o foco na ausencia “total de respostas” en relación a cuestións tan importantes e urxentes como a mellora da conexión de media distancia, a posta en marcha do tren de proximidade (cercanías) ou a conexión sur con Porto.

“O compromiso con Vigo onde se ten que facer constar é no BOE, con decisións concretas, con financiamento e con execución do decidido” enfatizou o candidato nacionalista, quen lamentou que Abel Caballero “en lugar de defender de verdade os intereses da cidade celebrase os fogos de artificio do ministro”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...