Unha partida de “cachibol” en pleno centro para recordar o problema da pobreza en Vigo

"Cachibol"/ Miguel Núñez

Os colectivos RSP Vigo e Os Ninguéns escenificaron durante a mañá deste mércores 3 de outubro fronte á dinoseta na Praza da Princesa un “partido” de cachibol (deporte social, variante do voleibol) no que a pelota coa que se xogou foi un boneco que representaba a unha persoa empobrecida.

“Esta acción simboliza o “lanzamento” dunha administración a outra (Xunta e concello) que practican as administracións coas persoas que non cobran as súas necesidades básicas, a excesiva burocracia, así como a guerra de competencias que constantemente presenciamos”, sinalan desde a organización do evento.

“Cachibol”/ Miguel Núñez

 

Lembraron as súas reivindicacións para unha mellor política social na cidade, “que debería facerse desde a colaboración férrea das dúas administracións priorizando o benestar dos cidadáns e a intención de crear unha rede de seguridade institucional compartida que non deixe desprotexidos ás veciñas que necesiten axuda, nunha época onde os baremos de pobreza son absolutamente preocupantes”.

“Cachibol”/ Miguel Núñez

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here