O grupo de Povisa duplicou beneficios en 2017 e o seu dono é 10 millóns máis rico en 2018

O dono de Povisa, José Silveira Cañizares, é un dos homes máis ricos de España

Povisa/ Miguel Núñez

Povisa entrou este venres en preconcurso de acredores, facendo dubidar aos traballadores polo seu emprego e soldo. Alegan unha débeda de 42 millóns, e o esgotamento do fondo de reserva, “feito” do que culpan ao SERGAS e o seu contrato con el, que mellora cada ano mentres que o convenio dos traballadores permanece conxelado desde 2010.

En 2013 Povisa obtivo os maiores beneficios de toda a súa historia tralos recortes da crise, que non volveu “reaxustar” coa chegada dos bos tempos. Por estas tensións, chegarónse a producir folgas de fame en contra dos despidementos de 2015. Pero é que ademais os beneficios do grupo empresarial ao que pertence o hospital, Nosa Terra 21, non deixan de medrar.

De feito, en 2017 Nosa Terra 21 duplicou beneficios, pasando de 7,3 a 16,7 millóns. Este grupo está formado polas empresas Remolcanosa, que exerce o práctico monopolio no seu sector, Naviera Elcano, con filiais por boa parte do mundo, e Povisa. As cifras de negocio que move xa só a Naviera achéganse aos 600 millóns de euros.

Povisa/ Miguel Núñez

O propietario do holding, José Silveira Cañizares, puxo ao seu fillo, José Bernardo Silveira, a cargo da xestión de Povisa. A maior polémica, hasta agora, ocorreu cando este mesmo ano Silveira fillo tivo que pagar, por orde xudicial, unha multa de 60.000 euros tras diagnosticar VIH e Hepatitis B a un paciente que non padecía ningunha destas enfermidades.

O grupo Nosa Terra 21 non só recibe diñeiro público por Povisa. Tamén está privatizado parte do servicio de gardacostas, en mans de Remolcanosa, que recibe compensacións millonarias.

En canto á Naviera Elcano, no seu último informe anual, o de 2017, felicitaba aos traballadores e accionistas polos grandes resultados e o incremento dos ingresos, “garantidos para unha década”, segundo asegura a propia empresa. Conseguiran acumular uns activos de 734 millóns de euros, e ingresaron ese ano 594 millóns. A Naviera Elcano disparou un 46% os seus beneficios de 2016 a 2017.

O dono do grupo, José Silveira Cañizares, é un dos homes máis ricos de España. Era o 138º máis rico en 2017 cun patrimonio neto de 300 millóns de euros, e en 2018 caeu ao posto 152 aumentando ata 310 millóns o seu patrimonio. Pode que sea certo iso de que os ricos “son cada vez máis ricos”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here