InicioSociedadePovisa desvía a atención en redes sociais despois de entrar en preconcurso...

Povisa desvía a atención en redes sociais despois de entrar en preconcurso de acredores

PUBLICADO O

A noticia estalou hai algo máis de 24 horas, no mediodía do pasado venres. O Hospital Povisa de Vigo, o hospital privado máis grande de España, entraba en preconcurso de acredores. E os 1.500 traballadores tremen pola posibilidade de quedarse na rúa.

Pero Povisa non publicou nada na súa páxina oficial un día despois. Máis aló diso, encargouse de “desviar a atención” en Twitter e Facebook, publicando no primeiro unha recomendación de facer exercicio, e en ambas redes republicaban un artigo de hai ano e medio sobre a saúde cardiovascular.

Polo momento, desde a empresa non queren dar explicacións destaa “crise”, que xa foi catalogada por diversas voces como unha “chantaxe”, mentres que medios de comunicación, sindicatos e partidos políticos investigan as causas deste repentino anuncio, cando o grupo ao que pertence Povisa dá cada ano uns beneficios millonarios.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...