InicioSociedadeCaballero asegura que as luces de Nadal traerán a Vigo milleiros de...

Caballero asegura que as luces de Nadal traerán a Vigo milleiros de persoas: “Toda Galicia vai vir”

PUBLICADO O

O Concello promoveu unha consulta cidadá para decidir a data de encendido de luces entre o 17 e o 24 de novembro e “gañou por goleada o 24 de novembro”, revelou este venres o alcalde.

Caballero afirmou que numerosas persoas e axencias de viaxe se interesaron pola data de acendido dunha iluminación que traerá a Vigo a “milleiros de persoas”.

O alcalde explicou que o alumeado de Nadal de Vigo está a xerar unha gran expectación e “son numerosas as persoas e axencias de viaxe que se interesaban pola data de acendido”.

Así, Caballero agarda que “milleiros de persoas” cheguen a Vigo co gallo da iluminación de Nadal, ademais de que “toda Galicia vai vir”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...