InicioDeportesSonia Pariente e Cristóbal Dios, cun tempo récord, gañadores do VI Desafío...

Sonia Pariente e Cristóbal Dios, cun tempo récord, gañadores do VI Desafío Santander Illas Cíes

PUBLICADO O

Cristóbal Dios (por terceira vez consecutiva) e Sonia Pariente (primeira vez) proclamáronse este domingo en Vigo gañadores do VI Desafío Santander Illas Cíes, e ademais campións galegos de Tríatlon de media distancia.

Igual que o sábado, a xornada deportiva foi estival e familiar, grazas as actividades previstas para os máis pequenos por parte da organización, así como polo magnífico tempo que acompañou o evento, a pesar de que a primeira hora había néboa na
praia do Vao. En total 440 foron participantes, nas categorías PRO e grupos de idade.

Na proba masculina os favoritos cumpriron co seu papel e dende o inicio foron protagonistas. Despois de facer os 1.900 metros de natación saíu en cabeza un trío formado por Diego Paz (Arcade Inforhouse), Martín Carrera (Natación Riveira) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo). Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), vencedor das dúas últimas edicións, perdeu 4:30 con este terceto, polo que lle tocaba remontar.

Campionato de España de Tríatlon, Cristóbal De Dios/ Federación Galega de Tríatlon

Así, na bicicleta foi moi agresivo dende o inicio e comezou a recuperar tempo moi pronto. Mediado o segmento de ciclismo xa logrou poñerse na primeira posición e a partir de aí foi aumentando distancias. Desta forma, tras facer os 90 quilómetros de ciclismo chegou a segunda transición cun máis de 4:30 sobre Luismi Velásquez, segundo.

Dios decidiu marcar o seu ritmo de carreira neste terceiro segmento, esquecendo aos que viñan por detrás e así logrou chegar a meta en solitario e marcando un novo récord da proba (3:52:09). Os 21 quilómetros se lle fixeron moi longos a Luismi que foi perdendo
posicións ata rematar 14º.

Así, a segunda posición, tanto na proba como no Galego de Media Distancia, foi para Martín Carrera (3:58:20), nunha magnífica remontada da carreira a pé, mentres que terceiro foi Nico Domínguez (Disa HPS Tríatlon) –non ten licenza galega- cun tempo de 3:58:41.

O podio do campionato galego quedou formado por Cristóbal Dios como campión, Martín Carrera é o subcampión galego e Ismael López (Cidade de Lugo Fluvial) foi terceiro, cun tempo de (4:01:05).

Na proba feminina, Sonia Pariente (Tríatlon Rías Baixas) dominou dende o primeiro segmento, facendo unha natación excepcional que lle permitiu marcar distancias importantes.

Así, Sonia foi sempre en cabeza e moi destacada. Sabendo as distancias, se permitiu
levantar un pouco o pe no último segmento da carreira, para chegar á meta en solitario cun tempo final de 4:32:03. Pariente logrou desta forma o seu primeiro triunfo no Desafío Illas Cíes.

A segunda posición foi para María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial), que fixo o mellor parcial da carreira a pé, cun tempo de 4:37:03, mentres que terceira foi Clara Pastor (CDE 3 Style Tríatlon) cun tempo de 4:45:09.

O podio do Campionato Galego de Media Distancia feminino,quedou formado por Sonia Pariente como campioa, María Jesús Coya na segunda posición e Vanesa Villar (Club Tríatlon Vao), terceira (5:00:27).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...