InicioPolíticaCiudadanos asegura que o IBI vigués é un 50% superior ao da...

Ciudadanos asegura que o IBI vigués é un 50% superior ao da Coruña e que o Concello non é “transparente”

PUBLICADO O

O Coordinador de Cidadáns en Vigo, Gregorio García, denunciou estes días o “elevadísimo” Imposto sobre os Bens Inmobles (IBI) que soportan os vigueses xa que, segundo explicou, a cota deste imposto “é a máis elevada das cidades cun nivel similar de poboación e un 50% superior ao da Coruña”.

Para García, a conxelación prevista polo Concello “non é suficiente, porque nos últimos anos, a presión fiscal, incrementouse de xeito considerable”, e por iso reclama unha redución neste imposto. “En Ciudadanos apostamos por aliviar a presión fiscal sobre os cidadáns e por devolver á clase media traballadora os esforzos que fixeron durante a crise”, sinalou.

O Coordinador da formación liberal en Vigo considera “prioritario” axustar a recadación municipal cunha política fiscal de “impostos os mínimos e necesarios para cubrir as necesidades da cidade”, e afirmou que “o diñeiro debe estar en mans dos cidadáns para que isto redunde en maior prosperidade, investimento e crecemento económico”.

Por todo iso, desde Cidadáns propuxeron a baixada destes impostos, así como “aumentar a transparencia na política fiscal do Concello para coñecer en que se gasta o diñeiro que consegue cos impostos de todos os vigueses”, concretou García.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...